Hoxe, 30 de Xaneiro, conmemórase o Día da Paz. Esperamos que o contido do vídeo vos faga reflexionar sobre a importancia que ten e que debe ter a PAZ en todos os aspectos da nosa vida. ¿Que pensas ti sobre a Paz? Déixanos o teu comentario.
Pienso que la letra lleva razón y que si fuera tal y como dicen, todos los días serían "El día de la paz".
Encarna ha dicho que…
Yo estoy de acuerdo con vosotros: la paz debería perseguirse y recordarse todos los días de nuestra vida y no sólo un día al año. La letra de la canción me parece muy buena, a pesar de que "Cómplices" nunca fue un grupo que me gustase demasiado, pero debo reconocer que esta canción es preciosa y transmite el deseo de todos los que amamos la paz.
Hoxe é un día triste no noso instituto. Comenzar o día coa noticia da túa marcha non é doado. Sabemos que non che gustaban nada as fotos; pero permítenos que, diante desta imaxe túa, todos os que te queríamos poidamos despedirnos de ti. ¡Botarémoste de menos, compañeiro, amigo, profe...! Non será doado afacerse á túa ausencia . Se cando a morte pálida me apañe deixo no mundo un pouco de memoria, eu quero que o teu nome me acompañe, se che pode servir dalgunha gloria; e se labro estos versos co teu lembro contra da cinza, a corrupción e o lodo, é que eu non quero crer que aquel setembro acabase pra sempre xa con todo. Darío Xohán Cabana (1994)
A celebración fai un par de semanas do Día do Libro e a máis recente conmemoración do Día das Letras Galegas fixéronnos botar aínda máis de menos á nosa querida Biblioteis . Por iso, e para tela máis presente ata que poidamos desfrutar dela en persoa, botamos a andar de novo este blog. Lembraremos nel as actividades realizadas ao longo deste curso e darémosvos a coñecer o noso catálogo para ir facendo a boca auga e ir quentando motores para próximas lecturas.
Comentarios