O pasado mércores 14 de marzo, poidemos gozar da visita do polifacético escritor Fran Alonso ó noso centro.

Os alumnos e alumnas de ESO e Bacharelato tiveron ocasión de poder preguntarlle en vivo e en directo sobre aspectos dalgunhas das súas obras lidas nas nosas aulas: "Cemiterio de elefantes", "Cartas de amor", "Ninguén"... e tamén de deixarse sorprender polos "efectos especiais" aplicados á poesía, sentindo como as palabras se hinchan e estoupan, descubrindo o canto da curuxa na noite ou o bruar do mar no medio do salón de actos.
Unha experiencia que de certo nos achega mais ó universo da palabra e a lectura.
Grazas por todo canto nos transmitiches,Fran. Esperamos verte mais veces.
Comentarios