A frase do mes


O día 8 de Marzo celébrase, a nivel internacional e co recoñecemento da ONU,  o Día da Muller.

Conmemórase a loita das mulleres para conseguir participar na sociedade en igualdade de condicións respecto aos varóns.

Existen versións diferentes sobre a súa orixe pero a máis estendida refírese ao falecemento de máis dun centenar de traballadoras nunha fábrica textil de EE.UU. e á violenta represión que sufriron as traballadoras que se manifestaron ante a neglixencia empresarial, baixos soldos e pésimas condicións laborais.

Para compensar a dureza desta realidade xa pasada, un clásico do humor nos recorda que aínda nos queda moito camiño por percorrer.


A propia ONU, nunha das súas páxinas, nos lembra que "esta é unha data para reflexionar sobre os avances conseguidos e celebrar as accións daquelas mulleres que desempeñaron unha función extraordinaria na historia dos dereitos da muller".

Por iso dedicamos a frase do mes a unha destas mulleres, a escritora francesa Simone de Beauvoir, figura importante na reivindicación dos dereitos da muller.


Vos convidamos a reflexionar sobre ela e a deixarnos os vosos comentarios.

Comentarios

Entradas populares de este blog

A frase do mes

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO

Aprender a crear