DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER.
É unha pena ter que dedicarlle un día a semellante cousa, todos os días deberíamos lembrar
esta lacra da sociedade, ou mellor, non a deberíamos lembrar nunca… si a
violencia contra a muller non existise.
Na nosas mans está acabar con
esta problemática; nas vosas, alumnos e alumnas de Teis, que sodes o noso
futuro!
O Día Internacional da Eliminación
da Violencia Contra a Muller (DIEVCM)
celébrase dende 1999 en lembranza das irmáns Mirabal.
Patria, Dedé, Minerva e María Teresa
foron catro irmáns dominicanas, activistas políticas e inegrantes da
resistencia á dictadura de Trujillo. En 1960 tres delas foron asesinadas pola
policía secreta de Trujillo. A partir dese momento convertíronse en símbolo da
resistencia tanto popular como feminista.
Debe entenderse
por violencia contra a muller cualquer acción ou conducta, basada no seu xénero,
que cause morte, dano ou sufrimento á muller, tanto no ámbito público como no privado.
Invitámosvos
a reflexionar sobre este tema.
ACTIVIDADE:
ACTIVIDADE:
Escoitade
as cancións que aquí vos presentamos e despois organizade un debate na clase
sobre o que se di nelas. Podedes centrarvos só nun tema ou en varios. Tamén
podedes facer o traballo de maneira individual, en pequenos grupos ou todo o
grupo clase. O voso titor/a daravos as letras das cancións.
LEMBRADE:
A VIOLENCIA NON É A SOLUCIÓN A NADA.
BEBE: Malo
MARÍA SE BEBE LAS CALLES: Pasión Vega
BEBE: Ella
Y EN TU VENTANA: Andy y Lucas
NANAI: La Mala Rodríguez
MUJER: Orishas
EL CLUB DE LAS MUJERES MUERTAS: Víctor Manuel
SALIR CORRIENDO: Amaral
DEF CON DOS. Ellas denunciaron
VIOLENCIA MACHISTA (Ska P)
AY DOLORES: Reincidentes
ABRE TU MENTE: Merche
Comentarios