15O ANIVERSARIO DA PUBLICACIÓN DE CANTARES GALLEGOS

O 17 de maio de 1863 via a luz por primeira vez o poemario Cantares gallegos escrito por Rosalía de Castro.





Esta obra marcou un antes e un despois na literatura galega e é considearada a primeira obra maestra da literatura galega contemporánea. Representou un fito decisivo no rexurdimento cultural de Galicia e da súa lingua.

(Primeira edición de Cantares Gallegos gardado na Cidade da Cultura)


Para entender a importancia de Rosalía e da súa obra na nosa cultura, temos que contextualizala na época que lle tocou vivir.
A literatura, a lingua e a cultura galega en xeral, pasou durante os séculos XVI, XVII e XVIII por unha época de decadencia que se coñece co nome de SÉCULOS ESCUROS. A perda de prestixio e usos cultos da lingua galega durante esta época tivo que ver principalmente coa perda de poder político e administrativo do Reino de Galicia; e xerou a casi total desaparición da nosa lingua dos ámbitos cultos.
Preme aquí para saber máis sobre os Séculos Escuros. 

 
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela en 1837, polo tanto nunha época na quew o galego non era visto como lingua culta;  pasou varios anos da súa infancia en distintas vilas galegas (Ortoño, Padrón, Iria Flavia...) e voltou a Compostela para recibir formación musical, literaria e artística. Foi nesta época cando comezou a coincidir con intelectuais galegos comprometidos coa identidade galega.


En 1856 trasládase a vivir a Madrid, publica as súas primeiras obras e casa co escritor Manuel Murguía en 1858. Debido ó traballo do seu home, Rosalía e a súa familia levarían unha vida bastante itinerante que os obligou a coñecer boa parte da xeografía española e galega. Os últimos anos da súa vida pasounos en Padrón, onde morreu en 1885 ós 48 anos.



Rosalía escribiu tanto prosa coma verso e empregou indistintamente o galego e o castelán. A obra que hoxe nos ocupa é Cantares gallegos.

¿Sabedes por que esta obra é tan importante? 

Cantares gallegos é unha obra fundamental da literatura galega porque é considerada a iniciadora do REXURDIMENTO e o primeiro grande título publicado integramente en galego.

En Cantares, Rosalía reflexa a fala do pobo que durante moitos séculos estivera relegada ó terreo da oralidade e non se empregaba practicamente como lingua de cultura.

Esta obra tivo unha acollida de público e crítica excelente.

No prólogo da obra Rosalía fai un manifesto das súas intencións persoais e literarias. Atopamos en dito prólogo a unha muller que contesta e non se agocha, que defende a voz das mulleres e a lingua galega.

Rosalía quere facer unha poesía que lembre os cantos anónimos do pobo e os seus costumes, por iso se inspira no cancioneiro popular. Pretende que o pobo galego se identifique cos seus versos despois de sufrir durante anos a represión lingüística e social.

 O profesor Xesús Alonso Montero resume as intencións de Rosalía vertidas no prólogo nos seguintes puntos:

  •  Desexo de cantar as belezas e costumes dun pobo que non é ignorante.
  • Defensa do idioma galego.
  • Reflexo da inxustiza e marxinación que sofre Galicia.
  • Resposta a unha provocación exterior, que implica a loa do propio e o rexeitamento do estrano.
  • Reflexo da pobreza de Galicia.
  • Necesidade de expresar a situación de Galicia.
  • Canto xeral a Galicia.
 Cantarte hei, Galicia,
Cantarte hei, Galicia,
teus dulces cantares,
que así mo pediron
na veira do mare.

Cantarte hei, Galicia,
na lengua gallega,
consolo dos males,
alivio das penas.

Mimosa, soave,
sentida, queixosa;
encanta si ríe,
conmove si chora.

Cal ela, ningunha
tan doce que cante
soidades amargas,
sospiros amantes.

(...)

Comentarios

Entradas populares de este blog

AFACERSE Á AUSENCIA: ANXO PINTOS LAMOSO