DIA DO LIBRO 23 ABRIL 2014

DIA DO LIBRO NO IES DE TEIS(23-04-2014) 

Este ano celebramos o día do libro no noso centro con varias actividades:
  • Feria do libro
normas de participación
    O alumnado que desexe participar no mercadillo ten que traer de casa un ou máis libros para intercambiar. Deberá entregalos na biblioteca e rexistrarse. Abrirase o plazo de rexistro o luns 7  de abril.
         Poderán participar neste mercadillo todos os membros do centro
        Comprobarase que os libros que traiades estean en  bo estado e sexan axeitados, podendo considerar algúns non aptos para o mercadillo por non respectar esta norma.
        Todos aqueles  que trouxeran libro poderán visitar o espazo que imos habilitar no patio cuberto o día 23, 24 e 25 de abril e elixir tantos libros como trouxeran para levar para casa.

  • Diversas actividades relacionadas coa lectura
         O día 25 realizaremos diversas actividades relacionadas coa lectura no salón de actos. Poderán participar os alumnos de 1º ESO e 2º ESO. Durante dúas sesións (4ª e 5ª horas) faremos: recitacións, dramatizacións de textos, lecturas en voz alta, etc...



Comentarios

Encarna ha dicho que…
Paréceme unha idea estupenda o da feira do libro. Noraboa ós organizadores

Entradas populares de este blog

Hoxe recomendamos: Maus

Aprender a crear